viernes, 3 de junio de 2016

Timeline


Diario de Sesións Timeline

Durante os nosos días de traballo na aula de informática realizando o Timeline cada un dos membros do meu grupo traballamos na busca de feitos históricos cos seus respectivos gravados, imaxes e pinturas. Na aula de informática tivemos dous días para rematar o traballo e cada un de nós tivemos as nosas respectivas tarefas. O primeiro día de traballo fun o encargado de lle dicir aos meus respectivos compañeiros os distintos feitos históricos no papel dado pola nosa profesora e tamén busquei no libro de texto información a parte sobre ditos feitos. O segundo e último día a min tocoume buscar algúns dos feitos históricos que faltaban. Ao final logramos rematar o traballo a tempo e subilo ao blog.